A procura da verdade
Xa falaramos aquí da última novela de Xabier Quiroga. Hoxe aparece outra crítica excelente no Cartafol de libros.
Sería unha mágoa que esta obra con tan boa acollida crítica, considerada unanimemente como de gran calidade literaria, pasase desapercibida para os lectores.
Unha aclaración: a pesar das dúbidas do crítico, Xabier Quiroga é o nome dun autor (a verdde que moi discreto) que non se oculta baixo ningún pseudónimo.
Certifico que é nome certo, irmán doutro ilustre: Xosé Carlos Quiroga, profesor de lingua e literatura portuguêsa na USC. De Escairón, se a memoria non me falla, os dous. Grandes homes.