Poema de hoxe 166: «Traguerán os camiños algún día» de Xosé María Díaz Castro
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron…
Poema de hoxe 166: «Traguerán os camiños algún día» de Xosé María Díaz Castro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron…
Inesquecible foi a presentación no Porriño de Galería de saldos, o debut en Xerais Narrativa de Diego Giráldez. Na súa intervención a escritora Ledicia Costas situou este primeiro libro de Giráldez como «un deses bos libros que arrincan unha emoción de xeito natural, deses que mancan». «Diego non escribe, dispara», continuou, para salientar despois que «o gran acerto de Galería de saldos é a forma, Diego ten de serie impreso no seu ADN literario un estilo de seu xa nn seu primeiro libro, non se pode aspirar a máis». Remtou a autora d´ Un animal chamado Néboa lembrando que «Diego, com todo bo escritor maldito que se prece, ten o seu nivel de sofisticación, presente neste magnífico primeiro libro». Na presentación falouse tamén do booktrailer interactivo de presentación do libro, que achega unha experiencia visual envolvente, semellante á que vive o lector que se somerxe nos trinta relatos deste universo ficcional, unha auténtica galería onde as vidas perderon o seu valor e conservan apenas a súa beleza precaria.
Onte Paz Raña publicaba no seu muro de Facebook unha nota de lectura de Galería de saldos que entendo é moi clarificadora sobre o gran interese do libro de Giráldez:
Atendín as indicacións de Manrique Fernández e lin o libro moi, moi devagar, pero lino todo, deseguido, sen pausas, arrestada polo pracer de ler un libro de relatos distinto, cunha contemporaneidade brutal. Historias que suceden acotío narradas cun pulso extraordinario, co bonus track da alegría que me dá situar o libro no andel dos preferidos. Un descubrimento.
Poema de hoxe 165: «Andamos os camiños puros» de Ramón Otero Pedrayo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Andamos os camiños puros
e os riscados polas nosas fantasías
Poema de hoxe 164: «Pero o camiño farémolo» de Darío Xohán Cabana/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Pero o camiño farémolo
e o sol terá de alumar;
a meta será dos homes
e o corazón será mar,
terra, lume, berro e mar
Nos últimos tres días andei os camiños do país de aquí para acolá apoiando varias presentacións e recepcións de premios de libros da editorial, nese labor imprescindible dos editores de contribuír a facer máis visibles as nosas novidades e catálogos. En todos estes actos percibín unha inequívoca intencón de actualización dos formatos dete tipo de actos e do seu eco nas redes.
Na cata literaria, celebrada no Museo Interactivo de Historia Lugo, onde presentamos no serán do xoves Tempo de bebidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso, foron o viño e as tapas, servidos antes do inicio do acto literario, o engado para un público tan numeroso como atento. No caso da presentación de Galería de saldos, o libro co que debuta Diego Giráldez, celebrado o venres no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, na que participaron 200 persoas, foi a actuación do croner Tony Lomba a que pechou un acontecemento inesquecible. Como tamén o foi no serán do sábado a celebrada no Ateneo Valle Inclán de Ribeira, onde se presentou As horas roubadas de María Solar, outro acto magnífico pechado con tres cancións a capela de Javi Maneiro, o cantante de Herdeiros da Crus.
Sabemos que a fusión da literatura coa gastronomía ou coa música, como os itinerarios e viaxes literarias, como o protagonismo dos lectores e lectoras nos clubes de lectura, contribúnen de forma decisiva á presenza do libro galego na axenda pública. Nesta semana seguiremos nos nosos camiños con novos actos de Xerais en Ourense, Vila de Cruces, Santiago, Vigo, Ribeira e na Feira do libro, que por vez primeira chega a Redondela.
Poema de hoxe 163: «Son aquel eu que sigue o meu camiño» de Xesús Crecente Veiga/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Son aquel eu que sigue o meu camiño
mirando arriba, ollando ós horizontes
e debullando nun cantar baixiño
tristezas de hoxe e alegrías de ontes.
Poema de hoxe 162: «Gastarei o meu corpo nos camiños» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Gastarei o meu corpo nos camiños
até ser po, seixo e silveira
Poema de hoxe 161: “Camiño coas pálpebras pechadas” de María Xosé Lamas/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Camiño coas pálpebras pechadas
acompasando os pasos cos ecos da nostalxia.
En varias oportunidades abeizoamos a Xavier Gómez Noya, un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos, modelo de superación e compromiso. Hoxe reiteramos as beizóns tras coñecer que engadiu un novo galardón a súa carreira, o Principesa de Asturias. Unha ledicia que non pode aliviar a desolación polo pasamento de Quino Salvo, unha lenda do basket galego, un heroe da miña xeración, co que compartimos anos de infancia nos Salesianos. outro modelo de afouteza e xenerosidade deportiva. Grandes!
Poema de hoxe 160: “Anda o Viaxeiro” de Xabier DoCampo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Anda o Viaxeiro para volver,
pois son os camiños sempre regresos
para encontrarmonos os vieiros que nos levan
polos montes e chairas de nós mesmos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).