Onte 668: A experiencia dos nacionais da Xeración Lamote
curso de formación continua de LIJMI moito celebraron cos seus aplausos cada unha das intervencións de Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín e Xabier DoCampo na mesa redonda sobre a súa experiencia como «premios nacionais» galegos de literatura infantil e xuvenil. En cadanseu parladoiro, os membros da Xeración Lamote (Xavier Senín estaba entre o público) expresaron con moita ironía o chimpo de xigante que supuxo para a nosa incipiente LIX a concesión de tan importantes recoñecementos que a cada un deles, sen excepción, pillou por sorpresa (e traballando na escola). En tardes tan divertidas (e emocionantes) como as de onte, comprobamos a xenerosidade e grandeza destas catro persoas amigas capaces de forxar un éxito colectivo (para a nosa lingua e cultura literaria) e continuar sentíndose partícipes e corresponsables dunha tarefa inacabada nas súas angueiras vitais como educadores, escritores e militantes do idioma. Unha marabilla, a dos mestres da Xeración Lamote!
Máis dun cento de participantes noBeizón, á parte, merece a profesora Blanca Roig e o seu equipo de LIJMI capaces de consolidar (e mesmo ampliar agora ao ámbito iberoamericano) este espazo formativo e a publicación anual que recolle os seus contidos (xa son nove os volumes editados). É de xustiza salientar que grazas ao esforzo deste equipo de investigadoras, Galicia é, tamén, unha referencia no eido da investigación e mediación sobre as literaturas infantís e xuvenís.
Onte 668: A experiencia dos nacionais da Xeración Lamote – Brétemas – Notas do traballo de edición gucci outlet http://is.gd/guccioutlet