Vigo, fenda aberta
Tras a manifestación separatista de onte, Abel Caballero estará feliz e, sen dúbida, se sentirá avalado na súa estratexia de recuncar na alcaldía pola vía do espírito cantonalista. Porén, na outra beira da xogada, tanto Alberto Núñez Feijóo como Corina Porro non se sentirán totalmente defraudados, xa que a pesar de que a concentración caballerista foi grande –entre 20.000 e 30.000 persoas, estiman todas as fontes–, non acadou a categoría de «evento cívico multitudinario» doutras ocasións (o titular de Faro de Vigo é moi orientativo). Con todo, ademais da iconografía e fraseoloxía utilizada no evento, é significativa a franxa de idade de boa parte dos participantes –superior aos 50 anos, como sinalan diferentes persoas– o que abre unha vía para facer todo tipo de interpretacións sobre previsible comportamento electoral (pois a manifestación diso trataba, a pesar de que fose vestida coa roupa do conflito das caixas). Sexa como fose, tras esta manifestación, convocada empregando máis prexuízos ca argumentos racionais, aquel Vigo motor cívico de Galicia dos grandes momentos da nosa historia quedou escachizado. As consecuencias desta fenda aberta son hoxe impresvisibles.
Estimado Brétemas:
Non sei de qué estranas sobre a manifestación. Foi unicamente unha demostración da capacidade electoral de Caballero, e nada máis. Sabe que o seu tirón está na dereita, como o estivo o do actual embaixador no Vaticano. Dende Coruña lle fixeron o favor esta semán de facerlle un feo, como naqueles tempos de Príncipe, e cada día penso máis que Caballero sempre soubo ler ben esta cidade: unha federación de parroquias, con capital entre a Porta do Sol e a igrexa de Santiago de Vigo. Por outro lado, penso que o que se debera facer a partires de agora é refacelas lecturas sobre o Vigo “emprendedor” e situarnos nunha órbita máis realista sobre o Vigo subvencionado de tradición ultradereitista, q
manifestación separatista? parécelle normal calificar así exercicio cívico de manifestación da xente. Hai que ser serios e dar outros argumentos máis democráticos, que seguro que os hai, e non descalificar por descalificar. Ou a vostede parecería ben que calificasen os actos de prolingua como actos separatistas porque dividen Vigo ou Galicia en defensores do galego e non defensores do galego? Xa está ben de meter liñas de división entre bos e malos.
Por outra parte é normal que a media de idade estea nos 50 anos, en que cidade pensa que vive, en Bangalore? vostede non é consciente da sangría demográfica de Vigo nos últimos anos vía emigración de licenciados da faixa entre 25-35 anos?
O tono do seu post é descalificativo de principio a fin: “manifestación separatista”, “concentración caballerista”, “significativa banda de idade de boa parte dos participantes” (=banda de vellotes), “manifestación convocada empregando máis prexuízos ca argumentos racionais”. En fin, a próxima vez que convoque vostede algún acto de algo ou apoie algunha causa xa me pensarei se participo ou non, non vaia ser que alguén diga que son un separatista, que me rodeo de vellotes ou que é unha concentración bragadista.
E para rematar Corina utiliza hoxe unha páxina completa do Faro de Vigo para promocionar a súa fonte cibernética. Unha imaxe virtual que contrasta con outra imaxe da zona degradada que manten actualmente a política de Caballero (citado expresamente)
Corina pretende rebaixar a repercusión do día de gloria de Caballero e promocionarse como futura alcaldesa. Eso si, cos cartos de todos.
Da noxo tanta demagoxia e tanto populismo (por unha e por outra parte). Parece incrible que as xentes de Vigo non sexan conscientes de que están sendo utilizados (unha vez máis) para resolver oscuros intereses persoais.
Estamos metidos no peor dos populismos, con toda a carga de irracionalidade e destrución que leva consigo. Parece que nunca seremos capaces de librarnos del.
Non sei como Vigo pretende ser o motor de Galicia con semellantes vimbios.
Vigo amosa o seu provincianismo sempre que pode; estamos moi lonxe de ser unha cidade cosmopolita e moderna, unha das grandes mentiras de Galicia.
Porqué non saiu Vigo a rúa cando a fusión con Caixa Ourense e Caixa Pontevedra? Imaxinan aos cidadáns ourensáns e pontevedreses acusando aos vigueses de roubarlles a súa caixa? Esquece o noble caballero que esa caixa que di ser ´”de tódolos vigueses” é tamén de tódolos ourensáns e tódolos pontevedreses.
Gostaríame que seguisen existindo duas caixas. Coido que son viables, como o serían máis se aínda existisen. O tamaño non é o problema, o problema é a estratexia errada que seguiron ao longo dos anos, invertndo e creando riqueza fora de Galicia, esquecéndose da súa terra, contribuindo ao atraso social e económico da nosa sociedade. E claro, si a nosa sociedade non crece as nosas caixas tampouco.
Iste erro estratéxico histórico, que ninguén se trabuque, non se vai correxir coa fusión.
Penso eu k si convocara algo parecido na coruña o alcalde Losada, non iria nin o pupas
“Lo que?”, que diría un coruño. Non chegaban mil prazas de maría pita para acollelos! O localismo é enfermidade moi extendida.
Dende a lonxanía pero permítame un comentario sobre unha sensación que me veu hoxe a cabeza mentres -medio esperto- escoitaba unha tertulia matutina. O de Vigo é unha sensación continua de “déjà vu”. A eterna marxinación do “pulmón indutrial de Galiza”, os eternos conflitos Porto-Concello-Zona Franca, o eterno hospital… E que non hai máis cousas en Vigo? Non será un problema de élites políticas e económicas, igual que no caso dos denostados veciños do Norte?
I desire to say rather thank you for this fantastic informations. now i have an understanding of about it. Thank you !
Wow, nice post,there are many individual looking about that now they’ll obtain sufficient resources by your post.Thank you for sharing to us.Please 1 a great deal more post about that..