27
comentarios
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Canela!8 de Decembro de 2024 - 11:16 a.m.
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
Visto como lle vai a o celta, non e de extrañar k a xente de vigo vexa outros deportes+
A.coruñes
Alguén se lembra da frase “NAVALLADA NA TERRA” asinada polo BNG e adláteres (lusistas, extremistas radicales e demais animais) nos anos 80 cando a maioría de nos queríamos a Autovia Vigo-Pontevedra-Santiago-La Coruña??
Pois iso … os do Bloque nunca foron lóxicos o consecuentes … En canto poden subirse o carro da boa vida xa non se acordan dos principios …
O post ten moita coña. Pero, recoñecendo que son santista a tope, non lle vexo moita profundidade a estas críticas ao Paceboat.
É verdade que o ciclismo é un deporte máis ecolóxico, pero os niveis de contaminación que xera, no seu conxunto, son desprezábeis comparados cun día normal de tráfico rodado na Avenida de Madrid. Pero ás veces semella que o que molesta é o rollo clasista do paceboat (posto que este tamén é un deporte de ricos). E dende esa perspectiva, todas as promocións turísticas teñen os seus inputs, e quizais non haxa que dramatizar tanto. 🙂
Maruxa, ¿principios? k e iso.A eskerda moito criticar a dereita e logo viven como burgueses, roupas caras, bos autos,boas casas,bos soldos e pouco traballo.Po lo menos os apuntados a o carro da politica k e o k eu vexo.
A.Coruñes
Cesare: semella que o asunto non vai de ecoloxismo senón de trapalladas. Lémbrome dun comentario de Manuel Vicent, en El País, a propósito daquela escandalera que se montara porque Felipe González subira ao iate de Franco (xa nin me lembro de como se chamaba;, ah, si, o Azor). Dicía Vicent que os que nunca tiveran iate era normal que quixeran embarcar nun deles, e que era de pailáns criticar o feito. O que non lle podía perdoar a González era que embarcase con traxe de alpaca e zapatos de tafilete.
A indumentaria do “vice-presidente” (ascendido de tenente) é do máis revelador: garabata e tonos pastel, ao xeito do máis puro “pijismo” sobrevido.
Fascinante, o que algúns teñen que facer para sairen nas “afotos”.
Moi bo o post. Non ten comentario porque non fai falta. A foto e a referencia falan por si mesmas.
Moi bo tamén o comentario de Marcos Andión. Fascinante, en efecto.
Inputs, di Cesare? Será unha brincadeira, non?
O que eu digo: política hortera de pijos novos ricos. Iso é o que fai Santi Domínguez.
… e namentres o Berbés caíndose a cachos.
De calquera maneira, recoñezamos unha cousa: cando foi a precampaña electoral, a Domínguez Olveira criticábanlle o vestiario por hortera, dada a composición de cores e raias; non se sabía vestir, disque. Agora, seica resulta demasiado finolis. Disque Vigo é cidade complicada, pero a teor do que leo o tenente de alcade débeo ter especialmente difícil para comunicar cos seus signos externos.
Por outra banda: teño lido que este presunto novo rico fai vacación nunha caravana. Confirmen ou desmintan, por favor, que tampouco non quedará de máis. Aínda a crítica terá outro matiz, dío un que non entende nada de powersboats.
Lugués: o tenente Domínguez viste agora máis hortera cá nunca. A iso se refire Marcos Andión coa afortunada expresión de “pijo sobrevido“. Ou sexa, de “finolis”, nada: powerhortera, con ou sen caravana. En calquera caso, cada un viste como quere e/ou como pode: o mal é cando, co diñeiro dos contribuíntes paga unha foto tan lamentable como a que ilustra o post.
Filliño, de powerboats só entenden un fato de enterados, pero enterados enterados… bueno, e Santi.
E Karpin, que opina?
Recoñecerei que me fallou o tino, un tanto ofuscado seguramente polo do valor hermenéutico da vestimenta: en efecto, a combinación cremática (sic) do vestiario fotografado non resulta tampouco do meu gusto, por moito que sexa bastante apreciador dos tons pastel. Aínda que, en realidade, prefiro os traxes de Canali (seguramente ben por riba dos oitocentos euros en Garisom, rúa de Xoán Montes, Lugo), desde o meu case inevitable mirar e non tocar.
Xa que estamos, arrisco outra confidencia: a min, moito me había gustar pilotar un momento o couso ese. De feito, se a ocupación (temporal, desde logo) dun cargo público mo puxese ao alcance -iso, ou algunha vez o aloxamento en hotel de cinco estrelas-, asegúrolles que tentaría gozalo sen escrúpulo nin mala conciencia, aínda contando coa parece que inevitable picota; á fin e ao cabo, pódelle pasar a calquera en caso semellante, a calquera, diría eu.
Agradezo o ton de quen responde, que non sempre todos me teñen dispensado por aquí; aínda que ao da caravana (tena ou aluga chalé en agosto pola ría de Arousa?) se lle confira tan escasa importancia logo de que a aura novo rico, pijo novo quedase ao longo deste fío tan indeleblemente establecida. De calquera maneira, en efecto cadaquén viste como quere, aínda asumindo o risco da catalogación deducida, e o importante é se abusa do cargo en beneficio propio; con franqueza: nin a foto, nin o texto que a acompaña nin a presumible implicación municipal no evento -que non coñezo, esa é a verdade- parece levar a tal inferencia segura.
Pero vostedes saberán. Por outra banda, o personaxe non me é nin simpático nin antipático, saiba ou non de powercousos.
SantiDominguez é o de menos… o peor somos os cidadáns que llo consentimos coma papanatas.
A Estación Marítima (a vella, a de sempre) convertida en terraza VIP para os da P1 mentres leva 20 anos pechada para tódolos vigueses!
300.000 €uros para publicitar as motos de auga para pijos de toda condición que levarán o ruído ás praias da Ría.
¿Que podíamos agardar dun pailán que leva zapatilla usadas a Bruxelas para atufar a Universiada mentras alterna cos fórula 1 de Maiami AntiBeach?
Brétemas como sigas metendo mási publicidade no teu Blog vaste facer d’ouro e non sei se rematarás mercando unha ZAPATILLA!
Por certo, atopei o artigo de Vicent en El País. Como citara de memória cometín algúns erros que non desvirtúan o fondo do asunto. Vicent cita ós “pobres” e non fala de “terno” de alpaca nin de zapatos de “tafilete”, pero tanto ten. Foi escrito no 1985 e a miña memória da para o que da.
Por se vos interesa, aquí pódese ler o de Vicent.
O problema, señor Lugués, é comportarse como un novo rico hortera en relación aos gastos e subvencións do Concello. E disto hai probas dabondo elocuentes no caso de Santi Domínguez. A solidariedade caravaneira non debería omnubilar o sentido da crítica política. Dito sexa sen molestar.
Confírmase, logo, que fai vacación en caravana? Será, logo, home de gustos sinxelos (poñan zafio se gustan), ora zapatilleiro atufador ora horterizante (por imitativo?) no vestiario? Non é malo ir concretando, xa que a variedade de mensaxes non aclarará seguramente a non vigueses (si a calquera olívico?) perfil e alcance da mencionada crítica política.
Sobre a última mensaxe: a teor do descargo final seica debo entender algún tipo de alusión persoal; o que teñen as alusións é que seguramente as entende quen as formula e non necesariamente o auditorio. Pasa como coa crítica baseada en elocuentes probas que non se formulan.
Non sei se debo supoñer que, dando traballo de máis, resulta máis expeditivo suxerir obnubilacións. Pero disimulen e fagan coma quen non: dado que falan con tanta e case unánime seguridade, deben ter tan claras as evidencias que será impertinente molestia informar un forasteiro.
Así é que non os estorbo máis.
Non o entendo ben, pero non se faga o ofendido que ninguén quixo ofendelo. Mais é libre.
En absoluto me sinto ofendido, aínda que o verbo omnubilar aparenta que me ía dirixido; e, en tal caso, o suxeito pasivo non parece que deba sentirse afagado. Por outra banda, quen non entende son eu: é Domínguez Olveira un patán, desclasado, desbaldidor?; só denuncia aspiracións no vestiario ou ademais estafa prevaricando?; onde diantres -concreta e fidedignamente- radica a clave de consideralo “un novo rico hortera”? Expresión que, sen menoscabo de corrección, parece subscribible pola grande maioría dos que aquí postean.
Tampouco non entendo por que se outorga que eu sexa suxeito libre, pero obviamente tanto ten. Descúlpeseme gastar unha mensaxe para case nada, e tamén non perseverar no propósito expreso; non se repetirá.
Está ben iso de perseverar porque é un xeito de recoñecer ao personaxe do traxe hortera. Pero como te empeñas en saber se detrais do traxe hai algo máis, vouche contar algo. Santiago Domínguez Olveira foi o candidato á alcaldía do BNG nas últimas eleccións locais. A súa campaña eleitoral foi contratada (?) a unha empresa chamada Anónimo Publicidad. Foi unha campaña modelo “en mi casa no hay miseria”, cun despregue descoñecido de medios /especialmente de carpas, globos, etc… noviños do trinque). Ata aí nada que sospeitar ¿non si?. Pero camiñemos un pouco para atrás e un pouco cara diante. Para atrais: a tal empresa foi contratada por cantidades cercanas aos cincocentos millóns de pesetas a base de contratos de menor contía e con evidente ilegal fraccionamento de contrato pola alcaldía de Vigo ao fronte da cal estaba Lois Pérez Castrillo (alguén o lembra?): isto non é un rumor son datos comprobables, publicados e nunca desmentidos.
Pero, vaiamos un pouco para adiante das eleccións, con Santi no bi-goberno: alehop! Anónimo publicidade volve a ser reiteradamente e millonariamente contratada a base do mesmo fraudulento sistema polo noso primeiro tenente de alcalde dende, especialmente, a propia tenencia e as concellerías de cultura, turismo e deportes. Mira ti por onde que os picos de contratación danse cos “grandes eventos”: volta ciclista e España, Universiada…
Vaia tomando nota do noso espabilado pailán, porque a muller do César ademais de honesta ten que parecelo. E que ocorre nisto da Powerboat? primeiro, págase a este circo, só por vir, posiblemente unha cantidade que rondará os 300.000 euros. A isto debemos engadirlle a xenerosa publicidade contratada pola tenencia para o evento e que, novamente, contrátase, sen procedemento público previo ás empresas “amigas”. Se nos poñemos a sumar, vainos dar que a foto hortera molesta menos polo traxe hortera e de pijo sobrevenido de Santi que polo que realmente lle doe aos nosos sufridos petos… e aos nosos reventados ouvidos despois de ter que aturar toda unha fin de semana, de cabo a rabo de Vigo, o ruido insoportable dos euros queimándose na nosa delicada e maltratada ría. Dito isto, a verdade é que me importa ben pouco se Santi veranea en caravana ou se dorme nunha palleira.
Eifonso: celebro a forma da súa comunicación, por distinta a aqueloutra de infausta lembranza; acredita con sobranza ata que punto se pode ser incisivo sen faltar ao respecto. E entendo que me merece unha resposta, contrariando de novo o propósito expreso inicialmente.
Vostede alude unha vez máis a certos contratos de propaganda e publicidade contraídos por partes do goberno municipal vigués en diversos e en xeral recentes momentos da vida política local. Son, en efecto, cantidades altas que se sitúan claramente por riba do que a lei autorizaba e autoriza como límite para a contratación directa (teño entendido que algo así coma mil douscentos euros antes e mil oitocentos desde non sei que momento deste mesmo ano); de ser exactos os datos que vostede achega, trataríase dunha actuación claramente fraudulenta e evidentemente reprobable. Que conste: en ningún momento suxiro que minta, puntualizo que non coñezo os casos; e a ausencia de desmentido tampouco non constitúe elemento probatorio.
De feito, estou perfectamente disposto a crer que os políticos aludidos autorizasen ou permitisen tales prácticas (déixenseme usar os dous verbos, dado que a alternativa non é trivial, aínda que me absterei de entrar no caso agora). Para desgraza, é actuación relativamente corrente, que pode responder a motivos diversos: confianza contrastada no traballo e resultados dunha determinada empresa; desexo de acurtar prazos; designio de favorecer a un particular por motivos particulares, radiquen eses en afinidade, proximidade ou suborno. Permítaseme de novo matizar posibilidades, dado que, sendo sempre a actuación moralmente prevaricatoria, non son as causas igualmente inmorais; tema que nos podería levar a outro debate.
Ata un punto coma este quería conducir eu a cuestión anteriormente, aínda que resulte difícil de crer polo contido da primeira mensaxe: o comportamento descrito (seica en absoluto exclusivo dos políticos aludidos) debe ser denunciado e, en definitiva, erradicado da xestión pública; pero a expresión novo rico leva canda ela, inevitablemente, un notorio tufo a cartos, a cartos de recente adquisición que aquí só se podería dar -parece- usando o cargo público desempeñado e supoño que abusando del. As metáforas teñen valor diverso, pero en determinadas circunstancias a derivación semántica pode resultar inevitable ou, polo menos, deixa a sospeita de que foi voluntariamente favorecida polo (s) usuario(s) de tal e concreto recurso literario; non negarán, precisamente vostedes, o dereito á sospeita.
E, mire, non. Obviamente, acepto que se critique o investimento nos powercousos (iso si, con argumentos extrafotográficos), aínda conservando a idea de que pode ser rendible en termos turísticos, de promoción ou imaxe da cidade (pode, digo, a douscentos kms. tales cousas non se ven ben). Pero a falta doutros casos onde o indicio revista consistencia, máis aló de Anónimo Publicidad, o que non vou aceptar eu polas boas é que o señor Domínguez Olveira trafique inequivocamente con adxudicacións e recursos en troques de cartos ou favores políticos. Se vostedes lle chamasen corrupto, eu non tería sacado nunca o tema da caravana (por certo: ¿tena ou non a ten?), que en efecto resulta irrelevante para xulgar a súa acción política pero igual compensa un pouco a suxestión millonaria; se vostedes achegasen -xunto, despois ou máis alá do indicio- argumento indiscutiblemente probatorio de acción destinada á consecución dun ilegal e repugnante beneficio persoal, as miñas intervencións (escasas por certo, normalmente abstéñome) levarían desde logo outro nesgo.
Detalles coma este foron os que me levaron a deixar de ler Vigoblog: sen menoscabo do seu innegable mérito e interese, da necesidade indiscutible dun órgano de crítica e fiscalización cidadá semellante, con sa envexa como lucense, resultábame francamente incómodo polo excesivo do ton e a imputación, con grande acento e énfase(tendo en conta presumible implantación social e porcentaxe de votos) posto sempre nunha determinada forza política, que desde logo é a que eu apoio aínda que non sexa sempre, nin incondicionalmente nin falta que lle fai.
Non se me moleste, Eifonso, isto nin crítica é, só convicción por experiencia: cando no seu blog se suxeriu a actual fórmula ferrolá como alternativa desexable eu encontrei confirmación de indicios. Por suposto, están no seu dereito e a miña defección como lector tampouco non é perda notable.
Reitero o agrado polo seu novo ton. Cando en vez de especiar en exceso se potencian os sabores naturais, a cociña resulta máis suxestiva e interesante; polo menos para min, que con isto lembro certo argumento seu doutra vez. Reciba un saúdo, sen retóricas.
Engado certo detalle menor: o traxe non está mal, o que o mata é a camisa; e non vexo garavata. Paréceme que abusan, e iso que, como digo, eu nin moito fu nin moito fa.
Eu non lle podo ser máis claro, señor Lugués. Dixen que:
O problema é comportarse como un novo rico hortera en relación aos gastos e subvencións do Concello. E disto hai probas dabondo elocuentes no caso de Santi Domínguez.
Máis claro, auga.
Eu non son cínico -agás recurso literario que esixa o guión-, e sen dúbida a vostede moléstalle e a min paréceme ben, discúlpeme, que lle moleste. O seu comentario último ten como único obxectivo o intento de descalificación, adubiado de supostas amables frases nas que imparte indulxencias sobre intervencións miñas anteriores, na esperanza de que algún lector non as recorde e poida apuntarse acriticamente ao seu carro (pode poñer caravana, se tal). O seu comentario vai exclusivamente dirixido a quen non seguise os meus neste blog ou non lése Vigoblog con certa asiduidade. Deixa cair conscientemente falsedades perfectamente comprobables, pero que sabe que ningún lector preguiceiro comprobará: para “desmontar” as informacións, denuncias e críticas que dende VB se realizan, afirma tan tranquilo que o obxecto delas no noso blog é exclusivamente un partido político, precisamente o que vostede defende. Iso só demostra que non é certo que vostede deixase de lér Vigoblog por esta razón, senon que, ou ben nunca o léu, ou ben que o léu demasiado e parecémoslle molestos para a defensa dos seus particulares intereses.
A retoriquiña do seu último texto non pode ocultar a obviedade de que Anónimo publicidad se contrata de forma millonaria, sen concorrencia e con fraccionamento de contrato polas concellerías do BNG antes e xusto despois de ser a empresa encargada de desenvolver unha carísima campaña eleitoral do BNG vigués encabezada polo teniente Domínguez. E vostede atopa varias razóns respectables para facelo así: é a súa obriga, pero nonos pida aos demais un acto de suicidio intelectual.
Non se preocupe polas probas (esas dos xulgados que non adoitan ser as que utilizan os medios de comunicación). VB ten un importante número de lectores, entre os que se encontra os que teñen que, por destino no aparato, sélo no BNG, no PSOE e no PP, que se fían ou non das nosas fontes, como o farán doutros medios de comunicación. E os aludidos poden replicar e mesmo acudir aos tribunais, aínda que nono fan. Pero neste caso, teremos oportunidade, da mesma maneira que cando o fixemos en exclusiva coas facturas de publicidade das empresas amigas de C.Porro (PP), poñendo de manifesto prácticas corruptas, máis tarde ou máis cedo publicaremos as das contratacións fraudulentas ás empresas amigas deste outro personaxe da nómina de politiquiños homologados da corporación viguesa. E estamos seguros de que vostede nos lérá, mesmo dende Lugo e a pesar de estar vostede só interesado desinteresadamente dende as lonxanas terras de alá, polo que ocorre nesta cidade sureña…
Verbo do uso e alcance da expresión novo rico, esfórcese máis, e deixe a caravana un segundo para que non se lle acumulen as ideas. Se cadra un repaso, por exemplo, a aquela bonita serie televisiva británica “upstairs, downstairs”, permitiralle de xeito ameno, entendelo.
Discúlpeme finalmente polos meus excesos verbais nesta e nas anteriores ocasións agora perdoadas cristianamente por vostede. Sen dúbida debe ser unha extraña e descontrolada reacción en cadea do meu estómago cando algún comensal se empeña amablemente en convencerme de que trague rodas de muíño en lugar de un eficaz omeprazol antes ou despois de ver como non só non paga nunca a súa comida, senon que sempre come desmesuradamente con cargo ao fondo común. Neste mesmo acto fago firme propósito de enmenda, aínda que confíe, no futuro, se é o caso -que me temo que, coñecéndome, o será-, nun novo acto de contrición e no seu desinteresado perdón.
Sempre seu,
Pablo.
P.S. Os límites do contrato de menor contía na administración pública -que prohibe expresamente o fraccionamento do seu obxecto, e que non precisa de concorrencia- eran 12.000 euros e agora son 18.000… pero só é que na súa contabilidade perdeuse un cero en cada caso: pecata minuta.
Pois si, perdeuse un cero e non son capaz de explicarme a torpeza ou lapso; porque era un dato que eu non coñecía ata onte pola mañá na súa exactitude matemática e procurei ad hoc. Querería aclarar, por outra banda, que “grande acento e énfase(tendo en conta presumible implantación social e porcentaxe de votos) posto sempre nunha determinada forza política” (intervención miña anterior) non quere dicir “que o obxecto delas [denuncias e críticas] no noso blog é exclusivamente un partido político”, segundo a súa puntillosa interpretación; aínda que, relendo, acepto que o adverbio “sempre” ben puiden evitalo.
Do resto, ¿que hei dicir para poder establecer un diálogo medianamente decoroso? Ignoro en absoluto a que lle chama falsidades (case todo o que expoño son xuízos persoais, apenas hai datos); non sei como “moralmente prevaricatorio” se pode converter en “varias razóns respectables”; e reitero a admiración polo seu blog (ha de haber medio ano que non o leo) na pretensión fundamental e trasos básicos constitutivos.
Neste último sentido: gustábame máis o Eifonso da mensaxe anterior, desde logo; e cando publiquen os fidedignos datos anunciados espero saber, ler e avaliar.
Do resto, as televaloracións do meu escrito e persoa son materia prescindible. Libre me vexa (como alguén debeu dicir nalgún momento) dos demasiado imbuídos de si mesmos.
Observador, se aínda chega a ler isto: vostede dixo o que dixo (“política hortera de pijos novos ricos”, primeira mensaxe), a expresión en cuestión empezou a rolar, rolou e de cartos se falou. Pedín, e non unha vez, precisión do concepto ou conexión entre a fórmula (NRH) e a acusación política: “… é Domínguez Olveira un patán, desclasado, desbaldidor?; só denuncia aspiracións no vestiario ou ademais estafa prevaricando?”; engado e concreto, en fase supostamente terminal: suxírese que usa do recurso público para acadar beneficio político, que embolsa mordidas?; o das afotos, a min, resúltame excesivamente trivial e superficial para un foro coma este.
Descúlpome con vostede (sinceramente, espero que lle importe e mo crea) por non ter contestado á mañá; o certo é que no momento absorbeume a outra enxurrada.
O que eu dixen, díxeno eu, así que non veña a dicirme a min o que eu dixen, señor Lugués. Ten vostede moito de sofista.
Cando pediu aclaración, eu déilla:
“O problema é comportarse como un novo rico hortera en relación aos gastos e subvencións do Concello. E disto hai probas dabondo elocuentes no caso de Santi Domínguez”.
De aí non se deduce necesariamente que sexa prevaricador ou que se quede con cartos. Iso supóno vostede, non eu, vostede saberá por qué.
Universiada, isto das lanchiñas rápidas, etc., etc. Como comprenderá non vou poñer a lista completa. Pero veña por Vigo e pregunte, incluso a votantes do Bloque.
En todo caso, non tan sofista coma cansado. Mellor será non tentar de novo aclarar equívocos, en vista de todos os éxitos precedentes e a aparenre falta de interese. Así é que, se queda alguén por aí, reciba un saúdo.
ademais de en caravana no verán pra disiular, no inverno vai ó caribe en plena época escolar cos dous fillos
Jodeeeer, este lugues, no se porque se me parece al “tío Toba” defendiendo la “corte paleta”
Pero lo que sí me recuerda, es hace 35 años, en aquellas asambleas que nos dejabamos la piel y parte de la vida peleando por unas condiciones de trabajo y sociales para la clase obrera, solo unos cuantos y siempre salia el CHIVATO, RASTRERO Y LAME CULOS DE LOS PATRONES, haciendo “sus” puntualizaciones y quisquillas, con tal de joder la asamblea o de alargarla con imbecilidades, para no llegar al fondo que interesaba al conjunto de los trabajadores.
Lugues de pacotilla, vaite dar unha volta e di que te perdeches, ti por encubridor ata eres peor co tenente que te esforzas en defender.
¿Que sucios intereses escondes?