Onte 1592: Zuckerberg e a realidade virtual
Para Mark Zuckerberg “o vídeo será o contido que domine a Rede e as redes nos vindeiros anos”. O fundador de Facebook, na súa intervención no World Mobile Congress, prognosticou que os textos e as fotos, materia prima da Internet durante dúas décadas, serán subtituídos polos vídeos de 360 graos (capaces de achegar experiencias inmersivas) e pola realidade virtual, “catapultada pola tecnoloxía 5G”. Zuckerberg anunciaba de forma moi discreta a nova revolución comunicativa que peta na porta: “a realidade virtual mudará a forma en que traballamos, aprendemos e nos comunicamos”. Cambios profundos para a o que entendemos por lectura. Dá que pensar.