Onte 490: Iogures
declaracións do ministro Arias Cañete en Radio Nacional nas que confesa que toma todos os iogures caducados da súa neveira. Quedei abraiado. Coma fixera Fraga bañándose en Palomares, o ministro de Agricultura e Medio Ambiente avala co seu comportamento a medida de alongar a data de caducidade dos iogures unha semana, outra desas reformas liberalizadoras coas que o goberno de Raxoi combate a crise de confianza. O simpático Cañete establece unha conexión insólita entre os efectos sobre a flora intestinal dos lácteos e a evolución da prima de risco, que onte volveu baixar, non sabemos se xa polo efecto de semellante medida. Quen aínda teña dúbidas sobre a eficacia das medidas anticrise do goberno do prudente Mariano non ten máis que dar aos seus fillos un par de iogures dos que antes estaban caducados. Quedo parvo.
Escoitei unhas