Onte 1577: «O día que choveu do revés»
O día que choveu do revés, álbum onde colaboran María Canosa e o ilustrador Dani Padrón. Como anticipara no formidable Rubicundo, a escritora da Costa da Morte ofrece solucións moi imaxinativas para o eterno conflito entre as nubes e o Sol, que nalgunhas ocasións remata en tremendas treboadas e noutras en longas esperas pola chuvia. No entanto nunca está de máis que sexan as letras e os libros a mellor receita para que chova con xeito. Unha historia fantástica traducida por Dani Padrón nunha composición de grande forza visual.
Cando as nubes decidiron chover os sete choveres coa intención de que os campos de millo e as verzas medrasen vizosas non pensaron que poderían asolagar a vila de Portoseco. Como compensar o dano causado polas nubes dará inicio á historia d’