Onte 1202: Chamamento de Prolingua aos partidos políticos
Esta fin de semana Prolingua enviou aos partidos políticos un chamamento para que detallen cales son as súas propostas «para un consenso nacional sobre o idioma e cales as medidas que urxe tomar.» Para Prolingua é a hora de recuperar o consenso na dobre dirección de fortalecer os dereitos das persoas galegofalentes e garantir o dereito das castelanfalantes a aprenderen e valoraren o idioma propio de Galicia», xa que só así se pode escoller en liberdade e só ese consenso responde ao que sente a maioría social. Como ben sinala o chamamento o futuro da lingua galega «está nas nosas mans, nas das persoas que falan galego habitualmente e nas dos que o fan en castelán, pero comparten un obxectivo común: non queren nin están dispostas a permitir que o idioma galego siga nun devalo que nos borraría do mundo como pobo diferenciado.» Cremos posible este acordo imprescindible.