Poema de hoxe 177: «hai días en que todo o pasado» de Kiko Neves
hai días en que todo o pasado
queda moi lonxe
e o presente queima na xema dos dedos
o futuro
é un baleiro
hai días
en que o mellor é quedar na cama
Kiko Neves Centoonce (Xerais, 2005)