Blog Day 2009
Como xa fixemos noutras edicións, hoxe como é o Día do Blog, aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs doutras comunidades e linguas irmás da nosa que eu leo adoito co maior interese:
- Amálgama, blog colectivo brasileiro, que descubrín durante a crise de Gaza. e que mantén unha liña de pensamento crítico e de interese polo eido da cultura (especialmente cine e literatura).
- O Bicho dos Livros, un dos meus blogs de lectura preferidos.
- Lápices para la paz, unha importante iniciativa da madrileña Alicia Mora de educación para a paz e a cooperación; na actualidade mantén unha campaña de levar material escolar a nenos e nenas inmersos en conflitos armados.
- Bibliobsession 2.0, blog de Silvère Mercier, un bibliotecario francés cunha moi ben construída identidade dixital.
- Núvol Vermell, blog do editor catalán Oriol Soler