Onte 1762: «A perda da escuridade»
Recibimos noticia do noso amigo Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa, da publicación da versión galega de Losing the dark, un documental de seis minutos e medio sobre a contaminación luminosa e a reivindicación do dereito a gozar dun ceo nocturno limpo. Un excelente recurso didáctico para abordar a defensa da observación dun ceo limpo como un dereito da humanidade ademais dun xeito de reducir o consumo de enerxías fósiles. Esta loita contra a contaminación luminosa contribúe, tamén, unha importate redución do custe enerxético. A este teor, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío estima a redución en Galicia de 30 millóns de euros anuais, só dous na cidade de Vigo. Non teño dúbida que o emprego máis racional e austero da luz artificial e o combate da contaminación luminosa, como sucede nos países do norte de Europa, é un asunto que con rigor e espírito construtivo debería ser incorporado na nosa axenda pública.