Suso Peña
Jaureguizar todas as mañás xa é un vicio. Hoxe, grazas a esa dependencia, souben do pasamento do comiqueiro ribadense Suso Peña. Apenas engadir ao seu magnífico post que ilustrou tamén a autores galegos. Velaí o seu Celso Emilio para nenos, que preparou hai anos Antonio. Como xa sucedeu noutras ocasións, semella que só coa morte, coñecemos a existencia dalgúns dos nosos creadores pioneiros.
Coma un buxo
Á primeira hora da mañá visitei a don Paco no seu despacho. Atopeino coma un buxo. Inusualmente falador, contoume unha anécdota moi pavera de Uxío e a primeira edición que Galaxia fixera d´Os vellos de Castelao. Paco, aos noventa e pico, segue rexo, lúcido e reivindicativo. O espazo dispoñible na Penzol xa non chega para ubicar as súas vinte e pico mil referencias. Pódese entender que o maior arquivo impreso sobre Galicia conte con escasísimas axudas do goberno autónomo?
Novo Estatuto Galego
Que vos dará JLGómez a todos os nacionalistas para que sexa o voso “director de referencia”? Non acho a comprendelo, certamente.