Rinoceronte editora

Grazas a un comentario que hoxe publicaron neste blo, sabemos do proxecto de Rinoceronte editora. O proxecto de Moisés R. Barcia, tradutor de Tolkien e antigo responsable do Cartafol, iniciará a súa andaina cunha tradución de Julian Barnes e con outras importantes novidades de literatura europea. Felizmente algo se está movendo no mundo editorial galego con estas novas propostas, ás que decontado se engadirán outras. Boa travesía, Rinoceronte!

6 comentarios
  1. folerpa
    folerpa Dice:

    Por fin!!!!!!! Non o podo crer, Hobumil Hrabal en galego. Espero que Barcia comece por unha obra mestra como unha soidade demasido ruidosa.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois si, xustamente esa. Unha obra marabillosa da que está resultando moi difícil atopar un exemplar na lingua orixinal, pois está esgotadísimo.

  3. xosé luís mosquera
    xosé luís mosquera Dice:

    Precisión: calquera obra de Bohumil é unha obra mestra. Triste cousa que xa non sexa doado ver nada del nos estantes das librarías. Existen varias obras súas en español (unhas doce) e tamén en catalá. En francés unhas poucas máis. De tódolos xeitos mercarei a que apareza en galego, por puro vicio e por fetichismo.

Los comentarios están desactivados.