Querémoste, Maestro!
![](http://photos1.blogger.com/blogger/2130/744/400/Lazaro_Enriquez.jpg)
Querémoste moitísimo, Maestro!
As fotos de Villalobos fixéronse hai moi poucos días, cando LER asinaba os seus derradeiros gravados caligráficos que agasallaremos nesta Noiteboa.
Actualización (15-12-05): fermoso o post de Ian e oportuna a información aparecida en Vieiros.
Actualización (18-12-05): recordo no artigo da semana.
Sumo a miña dor a de todos os que tivemos a fortuna de coñecelo. As letras todas están de loito.
Só dicir que Lázaro a min me animou a dedicarme á ilustración, foi a miña primeria exposición e deume consellos cando comezei, é unha lástima que se vaia a xente boa,en todos os sentidos, porque Lázaro era bo no seu traballo pero tamén o era coma persoa, cousa que non se da con moita frecuencia.
Unha agarimosa aperta, maestro.
kiko
Non o coñecía. Pero o meu pésame para familiares e amigos.
Só tiven ocasión de falar con el un par de veces, ¡e sempre rin a cachón con todo o que contaba! Dóeme moito esta perda. Bicos para os familiares.
Que boas son as súas ilustracións do “Diccionario dos Seres Míticos Galegos”…
Síntoo moito.
Súmome ao pesar xeral.
Non tiña a sorte de coñecelo, pero quero sumarme ao sentimento común de pesar de todos os amantes das nosas letras. Somos moitos os galegos e galegas en débeda con el: sempre veremos a través dos seus ollos a cidade de Antioquía, a terríbel Ana Manana, os seus bulreiros trasnos e as súas seductoras mouras. E tampouco esqueceremos nunca os seus atrevidos deseños para os Contos Colorados de Miranda e Reigosa.
Marcos Valcárcel
Si, estamos tristes, mais para a TVG é máis importante a desaparición de Julián Marías (tamén unha mágoa, por certo) que a do noso ilustrador.
País do carallo!
Domingo y palabra
Sal al callejón de la noche
y en una mamada técnica dale organisgrama
al rótulo. Sintiendo lo mismo que hace un tiempo
cuando el mastín era un extraño meando neumáticos.
Que tú querías cantar por fandangos, yo sabía,
y penetrar al fondo de una caligrafía promiscua,
pero el tubo cargado de insomnio inflamable
prendió haciendo saltar tu trinchera por donde pasan
el norte y el sur cambiándose los puntos.
Perro sinónimo de amante, y alma email sin virus
mordiéndole la boca a las letras.
Que si lograbas reir en la otra cara de la fruta
mejor a todo volumen para aplastar al día.
Las cinco y tengo que inventarme un ritmo,
una ingenuidad, otro protagonista, otro pez.
Rita Más . Tu niña. Este domingo en que habíamos quedado para comer juntos y celebrar tu cumpleaños.