Primeiras secuelas
Observo na sección de Cartas ao director de Faro de Vigo a aparición das primeiras secuelas do manifesto «GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE» (nesta semana duplicou os seus apoios, camiño xa das tres mil adhesións) e do artigo da semana pasada no que se reclamaba ao PPdeG que se reintegrase ao consenso sobre o estatuto da lingua forxado nos últimos vinte e cinco anos. Semella que os sectores galegófobos acordaron mandar unha chea de cartas contra min ao Faro de Vigo (coma estás dúas, ás que, sen dúbida se engadirán outras), seguindo no seu contido o manual de campaña ben coñecido («imposición del gallego», «legitimidad democrática después de gañar las elecciones»…). Ademais de amolar é buscar espazo en «Faro», interpreto que a intencionalidade da iniciativa é a de volver presionar a Feijoo (como xa leva facendo GB coa noxenta campaña contra Anxo Lorenzo) e impedir calquera posibilidade de recuperación do consenso sobre a promoción do galego, que eles interpretarían como unha traizón do PPdeG a unha promesa electoral. Que tristeza! As linguas serven para sumar e acordar, non para esgazar de forma tan egoísta unha sociedade.
Non se preocupe por esas cartas, señor Brétemas. Os mentireiros están ben organizados e teñen a colaboración inestimable do Faro para ver as súas cartas publicadas. O mellor detector de mentireiros é ver se usan a expresión “imposición del gallego”. Se é así, estamos ante alguén que mente con descaro e que trata de impoñer unha visión falsa da realidade, non o dubide. Por certo, a miña felicitación polo Manifesto.
D Manuel; no mundo hai de todo, e o haberá sempre. Eu no vexo como vostede di esa “fobia” a o galego. A politica xogou moi en contra do noso idioma, unhos por exceso, e outros por defecto.E a xente toma actitudes na vida k moitas veces son pura “reaccion” e ir a “contra” por k si. Penso k as augas volveran a o seu, cando deixe de politizarse o idioma, e o natural.
Pintor.
Semella incrible que haxa quen odie unha lingua, cando máis a do seu país. Ánimo, Manolo! A razón (non o xornal, a outra) está da nosa banda.
Tranquilo, Manuel, nen a suposta inocencia que proclama insistentemente unha, nen a falsa lexitimidade democrática que defende outra teñen maior base. Falta moito por sachar e por aprenderlle á xente, neste sistema posfranquista, que o goberno gañado non é outra dictadura, e que as bases da gobernabilidade son o respecto ás minorías, non digamos xa á maioría social esmagadora que seguimos defendendo a puxanza da nosa lingua e que non nos resignamos ao guetto, á desaparición ou ao folclorismo de tempos idos. Non esquezas que somos moit@s (moit@s máis de 3000) os que estamos do teu lado e che agradecemos todo o traballo, o valor e a altura moral que estás amosando, aínda que a nós non nos publiquen cartas na prensa con esa facilidade. Unha aperta e ánimo.
Eu non podo considerar galegos aos que amosan odio e desprezo pola nosa lingua, os nosos costumes e a nosa tradición; non, non lles podo chamar galegos porque lles produce urticaria o noso idioma e a nosa cultura, e do mesmo xeito que esnaquizaron a nosa natureza subsituíndo os nosos carballos polos eucaliptos que tanto mal fixeron a nosa terra, fan o mesmo coa lingua. Non, non son galegos. Non son galegos eses que agora critican as manifestacións a prol do noso idioma, din que contra a maioría e un goberno lexítimo, e cedo esqueceron as súas patéticas mobilizacións contra o galego e contra a lei e contra a maioría. Non, non son galegos os que esquecen ou borran a historia, menos mal que aínda algún recoñece a verdade, coma fixo o outro día Amando de Miguel en Onda Cero, cando lembrou que o galego e o catalán son anteriores ao castelán.
E teño unha pregunta con “chanza” para os galegófobos e españolistas: eu que vivo en Madrid e son galego e quero que os meus fillos nun futuro aprendan en galego, quen nos garante aos meus fillos e a min ese dereito en Madrid? Esperanza Aguirre? Gallardón?
Pois supoño que aí estamos, non é?
Unha aperta.
NO AL FASCISMO LINGÜÍSTICO EN LAS PROVINCIAS ESPAÑOLAS.
Apertas e azos, Manolo. Non poderan con nós prque temos a razón e a verdade da nosa parte.
Parabéns, unha vez máis, pola túa valentía e afouteza. Iniciativas coma esta son moi necesarias ante a corrente de insidias que percorre o País.
Adiante, iniciativas como as vosas dános optimismo neste ano difícil. Somos moitos os que amamos o galego