Os anuncios
Estamos moi agradecidos polo interese que suscitou a aparición dos dous anuncios. Constitúen unha iniciativa modesta, para nós un ensaio, coa intención de atopar vieiros estables para aumentar a visibilidade do libro na televisión. Deseñamos unha pequena campaña de dúas semanas (do 11 ao 24 de decembro) nas que aparecerán acompañando a algúns espazos da programación cultural da TVG (Cifras e letras, Libro aberto, Miraxes e Libro de familia). Foron producidos por Lúa films, empresa que se ocupou, tamén, dos aspectos creativos.
Estes dous espazos, os primeiros que anuncian a aparición de dúas novelas galegas, non son, porén, os primeiros dun libro galego en televisión. Hai xustamente vinte anos foi tamén Xerais a primeira empresa que empregou este medio para anunciar a aparición do Diccionario Xerais da Lingua, un feito, daquela, si verdadeiramente histórico. Somos conscientes da utilidade dos medios audiovisuais para a promoción do libro. O vindeiro ano pretendemos profundizar e mellorar, canto sexa posible, nese vieiro.

Etiquetas: Anuncios_Libros, Xerais, TVG
O dos anuncios está ben, non hai dúbida, e parabéns por eles… pero imaxino que serán caros. Os libros teñen que estar na tele, claramente…, mais deberían estar en telexornais, reportaxes, programas xeralistas, etc.
A publicación dun libro por parte de Pérez-Reverte é noticia nos informativos xeralistas das estatais (TVE, A3…) mais, por exemplo, a publicación dun de Manolo Rivas ou de Suso de Toro non é noticia nos Telexornais da TVG… 🙁