Onte 998: Predicións
Estivemos pendentes das diversas predicións meteorolóxicas para o serán deste sábado no que daremos a coñecer na illa de San Simón o ditame dos Premios Xerais 2014. Hai moitas probabilidades que chova, coma xa sucedeu nos dous últimos anos; aínda que tamén algunhas da existencia de clariños intermitentes. En definitiva, tempo variable e incerto, como lle acae a esta primavera do país de noso. Con todo, non teño dúbida que celebraremos o magnífico discurso de Xavier Senín de gabanza da lectura e dos membros da Xeración Lamote, gozaremos da música de Puntada sen fío, o grupo musical no que participa Xiana Lastra, gabaremos a Jules Verne na súa semana viguesa, leremos anacos d’ A illa misteriosa na tradución galega de Ánxela Gracián, coñeceremos tres novos textos, chufaremos ás súas autorías e, sobre todo, compartiremos co polbo e cos petiscos que prepara Fita anceios e angueiras de amigos e amigas chegados de todo o país. Eis a importancia do serán de convivio de San Simón. Quen dixo choiva!!!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir