Onte 997: «El jueves»
El jueves, tras décadas arriscando nas marxes dos kioscos, é a primeira vítima da renuncia de El-Rei. A súa propiedade, o grupo RBA, decidiu destruír a tirada semanal de 60.000 exemplares, nos que aparecían en portada El-Rei e o Príncipe, ademais de deixar as brincadeiras sobre a abdicación nas páxinas interiores. Unha decisión editorial que provocou na tarde de onte a deserción dunha parte dos seus colaboradores máis veteranos por considerala un xeito de censura previa que contradí o espírito rebelde desta publicación satírica. Sen dúbida que os editores (e a Casa Real) erran se pretenden desnaturalizar unha publicación que fixo do sarcasmo e da acedume das súas portadas o seu principal sinal de identidade. Xaora, a decisión é tamén ineficaz para os seus promotores, xa que a mudanza da portada orixinal achegoulle maior visibilidade na rede. Con todo, lamento que El jueves poida quedar como unha publicación satírica do reinado de Juan Carlos. Mágoa!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir