Onte 917: Bibliotecas galegas á baixa
Coñecimos onte o documento que sobre as bibliotecas galegas publicou o Observatorio da Cultura Galega. Entre outros datos, é salientable o aparente paradoxo existente entre a redución dos investimentos públicos nestas institucións culturais básicas, que baixan de 5,5 millóns de euros en 2008 ao 1,3 millóns en 2013 (un recorte do 76,00 %), co incremento do número de usuarios inscritos na súa rede, que no mesmo período pasa das 872.116 persoas en 2008 ás 1.029,856 de 2012 (unha suba do 18,00 %). Un paradoxo, menos recursos con máis usuarios, que explica o papel social e cultural imprescindible das biblioteas públicas no entorno da crise e dos recortes das políticas públicas (Xunta e administracións locais) en materia de lectura. Non deixa de ser aínda máis desacougante que Galicia sexa a antepenúltima comunidade autónoma no uso das bibliotecas, xa que apenas o 16,3 % da poboación declara acudir decote a elas. Como tamén o é que neste período, que coincide coa mudanza do goberno, se perdesen 45 bibliotecas dun total de 505. O das bibliotecas é outro motivo de grave preocupación sobre o estado da cultura en Galicia.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir