Onte 902: Trazos de Xela
Xela Arias tería cumprido onte 52 anos. Inevitablemente lembrámonos dela neste martes lardeiro e chuviñento e celebramos a súa vontade de reinventarse cada día. Por ventura, tras case unha década de esquezo, devagariño a causa da recuperación da obra e da figura literaria de Xela vai callando. María Xesús Nogueira remata a edición da súa poesía completa, que Xerais publicará nun único volume, o que será un paso fulcral neste proceso de posta en valor da escritora viguesa. Pola súa banda, a AELG homenaxeará o vindeiro martes, 11 de marzo, no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo a Xela baixo o lema «A procura de trazos que nos describan» coa intención de facer memoria, de lembrar os seus versos e contribuír a transmitir o herdo inmenso da súa obra. Alí estaremos, coa noble causa de Xela.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir