Onte 860: O mellor que temos para quen máis queremos
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza dende hai tres anos un obradoiro de nanas impartido por Xabier Díaz e Guillermo Fernández. O arrolo (ou cantigas de berce, nanas ou anainas) é unha forma musical universal que dende os primeiros días permite transmitir a quen máis queremos o noso latexo, a nosa calor, o noso afecto, o noso cariño, a vibración e a prosodia do noso idioma nun contexto de crianza e acompañamento da maternidade e de educación respectuosa. O arrolo é vínculo, ponte de dozura e afectividade, un xeito tamén de estimulación sinestésica e psicomotriz temperá das crianzas. Este obradoiro de arrolos é unha iniciativa, coma outras actividades deste servizo modélico de promoción e activación do galego, que merece toda a nosa admiración e beizón.
Marabilloso vídeo!