Onte 8: Amazon

Amazon abriu o seu espazo para venda por catálogo virtual de libros españois e gaches diversos. Outro éxito publicitario rotundo da multinacional estadounidense que non precisou doutra estratexia que deixar viralizar a súa páxina pola rede nosa que a recibiu cos brazos abertos e moi escaso espírito crítico. Unha actitude moi diferente ao muro de silencio existente sobre outras iniciativas de distribución de libros impresos, como a de Todos tus libros.com, a marca comercial do proxecto Cegal en rede, promovida por máis de duascentas librarías culturais españolas e que ofrece un catálogo dispoñible incomparablemente moito máis amplo co do xigante americano. Cos datos na man, Amazon.es hoxe non será capaz de mellorar nin o prezo que os lectores pagan polos libros (o que ofrece é a rebaixa do 5%, que a Lei do Libro establece para os pagamentos ao contado), nin ampliar a oferta editorial de títulos impresos dispoñibles nin sequera poderá mellorar o servizo de entrega que achega a plataforma virtual dos libreiros españois. O catálogo presentado onte por Amazon.es é apenas unha comunicación dos metadatos –incluídas as imaxes dos libros– extraídos de balde de DILVE, o magnífico sistema de información editorial creado pola Federación de Gremios de Editores de España–, xa que a maioría dos fondos, como sucede co dos editores galegos, non está dispoñible nos seus almacéns franceses, debido a que a empresa norteamericana só foi capaz de asinar os contratos de distribución cun número moi reducido de editores e de distribuidores. Amazon non terá outro remedio que asumir algunhas das dificultades ou incomodidades que para o seu exitoso modelo de negocio supón operar en España, Francia, Alemaña ou Italia, estados onde o prezo do libro está fixado polo editor. No entanto, sei do enorme poder da corporación de Befos que, como Apple ou Google, pretenden monopolizar, tamén nos mercados europeos, a creación e a distribución da cultura dixital. Aí está a tremenda importancia da súa chegada, deste primeiro pé no noso mercado. O de Amazon é outro fito, a epifanía deste proceso irreversible, mais paradoxicamente empobrecedor, da perda de biodiversidade do sector da lectura en Europa. Eu, mentres as librarías culturais existan, continuarei apostando polos militantes fantasía de Todos tus libros, un espazo que aconsello visitar aos propagandistas da empresa estadounidense.

18 comentarios
  1. Central Libreira Rúa Dolores 2
    Central Libreira Rúa Dolores 2 Dice:

    Estamos desexando que a Editorial Galaxia, Edicións Xerais, etc… incorporen os seus libros dixitais na nosa web http://www.todostusebooks.es En poucas semanas situóse moi ben en internet e está a vender moito máis do que supoñíamos A web http://todostuslibros.com e moi boa, pero http://www.todostuslibros.es tampouco está nada mal
    Central Libreira
    Rúa Dolores 2
    15402 Ferrol
    Tfno 981 352 719
    Móbil 638 59 39 80 http://www.centrallibrera.com

    Responder
  2. invest liberty reserve
    invest liberty reserve Dice:

    Excellent goods from you, man. Brétemas » Onte 8: Amazon I’ve understand your stuff previous to and you are just extremely magnificent. I really like what you’ve acquired here, really like what you are saying and the way in which you say it. You make it enjoyable and you still take care of to keep it smart. I can’t wait to read much more from you. This is really a wonderful Brétemas » Onte 8: Amazon informations.

    Responder
  3. Android Apps
    Android Apps Dice:

    Fantastic goods from you, man. Brétemas » Onte 8: Amazon I have understand your stuff previous to and you are just extremely great. I really like what you have acquired here, really like what you are stating and the way in which you say it. You make it entertaining and you still care for to keep it sensible. I cant wait to read much more from you. This is really a great Brétemas » Onte 8: Amazon informations.

    Responder
  4. Sprinkle apk
    Sprinkle apk Dice:

    An newsworthy discussion is worth observe. I opine that you should compose much on this subject, it power not be a taboo soul but generally group are not enough to verbalise on such topics. To the succeeding. Cheers like your Brétemas » Onte 8: Amazon.

    Responder
  5. Android Apps
    Android Apps Dice:

    Excellent goods from you, man. Brétemas » Onte 8: Amazon I have understand your stuff previous to and you’re just too wonderful. I actually like what you’ve acquired here, certainly like what you’re stating and the way in which you say it. You make it entertaining and you still take care of to keep it sensible. I can not wait to read far more from you. This is really a terrific Brétemas » Onte 8: Amazon informations.

    Responder
  6. invest liberty reserve
    invest liberty reserve Dice:

    Fantastic goods from you, man. Brétemas » Onte 8: Amazon I have understand your stuff previous to and you’re just extremely wonderful. I really like what you have acquired here, certainly like what you are saying and the way in which you say it. You make it enjoyable and you still take care of to keep it smart. I can’t wait to read far more from you. This is actually a terrific Brétemas » Onte 8: Amazon informations.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] do sector do libro (librarías, distribuidoras e editoras) como ao público lector. Como xa sinalamos outro día, esta ferramenta axuda a localizar fondos de libros impresos nas librarías independentes, ao tempo […]

  2. […] son os metadatos extraidos de DILVE, imaxes incluídas”, explícanos por mail. No seu blog explica moi claramente como Amazon.es chegou a poder incluir este fondo sen acordo coas editoras. Moi […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Android Apps Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *