Onte 767: Premios da Crítica Galicia 2013
Non defraudaron os Premios da Crítica Galicia 2013. A asistencia ao xantar superou as nosas mellores expectativas e as escollas dos xurados, tanto as candidaturas finalistas coma as gañadoras, amosaron a excelencia da nosa creación e o dinamismo das nosas industrias culturais. Especial emoción producíronme os recoñementos que recibiron Transmuta, o poemario de Xabier Cordal, e Culturgal, unha iniciativa que comparte o espírito transversal, inclusivo, antiseitario e corresponsable da fundación organizadora destes premios, coa que teño a fortuna de colaborar. Pagaron moito a pena os esforzos e os afáns destes últimos días, si señor!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir