Onte 757: Frankfurt 2013
Sigo a distancia o desenvolvemento da Feira do Libro de Frankfurt, que esta edición ten a Brasil como país convidado. Por fortuna, a edición galega recuperou a súa presenza nun espazo moi xeitoso de 16 metros cadrados. Polas informacións que recibo dende alí, a feira expresa a crise do sector con maior intensidade en Francia, Portugal, Grecia e España, cuxo número de editores presentes diminuíu de forma moi significativa, feito ao que sei non son alleos os custes elevadísimos da estancia durante dous ou tres días na capital financeira alema. Como tamén semella consolidarse a hibridación dun sector no que a edición dixital en soportes móbiles de lectura acada nos Estados Unidos unha cota de mercado do 20 %, unha cifra que pode servirnos de referente para o futuro inmediato. Hoxe o anuncio do Nóbel mobilizará os corredores dunha feira que case nunca defrauda.
Paga a pena deterse na peza audiovisual coa que Brasil se presenta en Frankfurt. Paga a pena compartila.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir