Onte 679: O silencio de LE
Desque saltou o ruxerruxe da marcha de Luis Enrique para ocupar o banco do Barça agardaba un chío desmentíndoo do adestrador celeste. Tarde piaches, Manolo! O feito de non facelo amosa que LE apura até o final as súas posibilidades na competencia que mantén co arxentino «Tano» Martino para substituír a Tito Vilanova. Se finalmente o xixonés continúa en Vigo, teremos outra experiencia máis para interpretar os seus calculados silencios (desque chegou a Vigo, non concedeu entrevista ningunha nin participou en roda de prensa). Se esta decepción con LE non abondase, a prepotencia paternalista coa que a prensa catalana aborda a posibilidade da súa fichaxe coa pretempada xa iniciada, supón xa unha lamentable falta de respecto cun club nonaxenario coma o Celta e cunha afección humilde de primeira coma a nosa. O Celta e os celtistas non nos merecemos isto. Xenial a foto de Fernando Cameselle retratando o silencio de LE o sábado en Melgaço. Que agardas para dicirnos algo, Luis Enrique?
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir