Onte 669: Proxecto «Nimbos»
A iniciativa de Martín Pawley de promover o proxecto Nimbos de creacións fílmicas arredor do libro de Díaz Castro adianta o que pode ser unha celebración ventureira do vindeiro 17 de maio. Polo que conta Pawley a resposta dos cineastas galegos está sendo moi ampla e xenerosa, aventurando a posibilidade de que algún destes novos nimbos de luz chegue de fóra de Galicia. Poesía e cinema concibidas como expresións artísticas xeradas pola luz dun poeta a reler. Agardaremos polas primeiras pezas que, polo que sabemos, axiña poderemos coñecer.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir