Onte 654: A noite das cacharelas
Debatemos hai un par de días arredor da grande diversidade de nomes que recibe no país de noso o lume novo da noite de san Xoán. Semella que para os meus amigos Galicia divídese entre os territorios das «cacharelas» e o das «lumeiradas». Entre os participantes na conversa «cacharelas», «cachelas», «cachadas», «cacheiras», «fogueiras» ou «fogueiradas» serían as denominacións máis populares dos lumes nas Rías Baixas e nas Terras de Santiago; mentres que «lumeiradas», «lumeradas», «laradas», «lumaradas» ou «luminarias» o serían nas terras ártabras. En todo caso, sexa cuns nomes ou con outros, a do lume novo é unha festa popular que mantén en todo o país o seu maior pulo para celebrar a chegada do verán, que desta volta semella quedará con nós (polo menos durante unha semana). Alá foron na noite de onte coas cancelas e coa cachifallada toda, os peores agoiros deste tempo ruín. Os mellores desexos e as mellores lecturas para o verán!
Semella que o lume de san Xoán é máis costume da franxa costeira de Galicia e que non entramuito no interior.
Por Arbo xa non hai lumes e non os lembran. Si lembran ” roubar ” carros, cancelas, macetas, etc. e aínda o fan hoxendía e tamén nanoite de san Pedro.