Onte 621: Oposición
José María Aznar ameaza en voz baixa coa posibilidade do seu regreso á primeira liña. Esquecendo lealtades de partido, non ten problema en exixirlle ao Goberno que baixe os impostos agora e «culmine a reforma laboral», o mesmo discurso que enuncia Esperanza Aguirre e o director de El Mundo. A pesar das políticas de recortes, a dereita española máis resesa non está totalmente satisfeita. Dende onte Mariano Rajoy conta con dura oposición. Para tremer.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir