Onte 549: Amador e Daniel
Efemérides como a do 10 de marzo non poden pasar desapercibidas. Recordóunolo Agustín Fernández Paz en «Era un inverno cruel de chumbo e morte», o título da valiosa anotación que publicou onte recollendo o primeiro verso dun emotivo poema escrito por Darío Xohán Cabana en lembranza daquel día nefasto de 1972. Nun tempo de abraiante precariedade laboral e social coma a que vivimos, é imprescindible facer un exercicio de memoria histórica lembrando o que sucedeu naquel Ferrol de 1972, cando os obreiros de Bazán e Astano foron ametrallados pola policía. Como debemos facelo cos conflitos de Vigo naquel mesmo ano. Só así seremos conscientes do tremendo esforzo das xeracións que nos precederon, e mesmo das vidas que custaron as conquistas que agora pretenden arrebatarnos. Amador Niebla e Daniel Rei, sempre!!!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir