Onte 500: Independencia
O barómetro político de inverno de Catalunya amosa que un 60 % dos cataláns enquisados están de acordo en que o Parlament aprobe unha declaración soberanista. Mais ollo! Un 56,9 % están de acordo en que Catalunya se independizase de España e se convertise nun novo estado dentro da Unión Europea, mentres que un 35 % se declara en desacordo. Diante destes resultados parece cada vez máis claro que o debate político catalán do futuro se centrará non tanto no debate sobre a constitucionalidade da consulta de autodeterminación (como insiste o PP e a prensa madrileña) como en cal é a maioría suficiente para declarar a independencia. Estas porcentaxes amosan que o proceso social está en marcha. A cidadanía catalá empuña as rendas do seu futuro.
O dito, despois da crisi economica, chega a social, e a continuacion , a politica. Estase a seguir paso a paso ( a historia repitese). A ver como acaba todo esto. Magoa de xuventude k mal (pesimo) futuro