Onte 454: Dinamitar a escola pública
Entre o desacougo e a indignación lin o segundo borrador da LOMCE, o texto co que o Partido Popular pretende dinamitar o modelo de escola pública acuñado pola LOXSE. Ademais da rebaixa do estatus para as materias de galego, catalán e éuscaro, medida que entendo de moi dubidoso encaixe constitucional, analizada con todo detalle no magnífico texto de Prolingua, a LOMCE desmonta os principios claves da organización, participación e funcionamento das comunidades educativas, volvendo a modelos centralizados e xerarquizados, así como amplía a seis anos a duración dos concertos educativos cos centros privados. O novo estatus da Relixión e a desaparición da Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos (Cívica e Constitucional) son outros elementos desta desastrosa contrarreforma baseada de pé a pa nos principios que José Ignacio Wert defendeu nunha reunión de FAES en 2010 sobre a «axenda de reformas» a desenvolver polos conservadores. Na educación a receita parece clara: máis español, máis inglés, máis relixión, máis privatización. A LOMCE non é un azar, non.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir