Onte 437: Gaza

Estremece a ofensiva do goberno istraelí sobre a franxa de Gaza, onde viven en situación deplorable milleiros de palestinos expulsados das súas casas e terras. Máis alá de que a maioría das vítimas sexan civís (nenos incluídos), máis alá de que se violenten os dereitos humanos e os principios do dereito internacional ou da dubidosa lexitimidade de Hamas para lanzar os seus foguetes, a actual situación de Gaza obedece á lóxica dun vello conflito colonial non solucionado dende 1947, ao tempo que é froito dos intereses das potencias occidentais na zona, representadas, en boa media, alí polo estado Israel. Razóns polas que non podemos agardar nin unha mediación da Unión Europea nin sequera un chamamento retórico do noso goberno a parar os bombardeos. Indigna.

3 comentarios
  1. GaLEgaDeVigo
    GaLEgaDeVigo Dice:

    Xa antes do 47 (cando Israel aproveitou a “mocidade” da Sociedade de Nacións). Xa desde 1905 empezaran a ocupar terras palestinas, ante a indiferencia de Gran Bretaña, e a facer propaganda digna de Goebbels sobre o asunto: “Unha terra sen pobo para un pobo sen terra” e a conta diso, botaron palestinos das súas casas e arrasaron estas para non teren onde regresar, cousa que seguen a facer.

    Responder
  2. Tawil
    Tawil Dice:

    Eu nom tenho nenhumha dúvida sobre o direito de Hamas e o povo palestiniano para se defender do genocídio que está a ser cometido contra o seu povo.
    A dia de hoje comparar os arsenais palestinianos (foguetes sem cabeças de guerra, a meirande parte deles caseiros) com os sionistas (as tecnologias bélicas mais mortíferas e caras) é ridículo. Os “foguetes” palestinianos nom chegam nem a levantar o firme dumha estrada mal asfaltada, os drones sionistas estám a aplanar Gaza.

    Responder
  3. Maeloc
    Maeloc Dice:

    O poderosísimo exército xudeu (quizais habería que dicir sionista), é terrorífico e os foguetes dos palestinianos -meus pobres- dan moita, moita, moita pena; un servidor na súa impotencia non atopa as palabras axeitadas para denunciar con forza o que sente perante esta inxustísima e lastimosísima situación.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Maeloc Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *