Onte 403: Hemorraxia demográfica
Galicia conta hoxe con 2.720.243 habitantes, unha cifra inferior en 18.000 a de hai catro anos, o último no que medrou a súa poboación. No pasado ano perdeu 12.258 habitantes (30 cada día), sendo 13.232 o número de persoas que emigraron (36 cada día) a algunha outra comunidade española ou ao estranxeiro. Proceso emigratorio moi acentuado no segmento xuvenil da poboación, o situado entre os 20 e os 34 anos, no que acada porcentaxes alarmantes, que La Voz de Galicia estima en 70 mozos por día. Un país, sometido á dieta conformista, non ofrece oportunidades para as persoas máis novas e emprendedoras. Galicia volve ser un país emigrante. A xeración mellor formada da nosa historia colle a maleta e vaise. Desolador e desacougante. Indigna que este problema fulcral non centre os debates da campaña electoral nin sequera forme parte da axenda pública galega. Moi mal imos.
Os datos publicados polo INE amosan que Galicia non é capaz de conter unha hemorraxia demográfica que sitúa o seu futuro no abismo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir