Onte 272: Bradbury e os libros viventes

Morreu Ray Bradbury, o grande escritor dos libros viventes, do que tivemos a fortuna de editar en galego, traducidos por Magdalena Fernández Pérez, dúas das súas novelas mçais memorables, Crónicas marcianas e Fahrenheit 451. Un autor que defendeu o poder da lectura e a ledicia da escritura, concebidas coma unha celebración e un pracer, mais tamén coma unha conquista colectiva. Foi, ademais, como el recoñeceu no magnífico prefacio da edición inglesa de 1993 de Fahrenheit 451, o autor do século XX que máis poemas, ensaios, relatos, pezas teatrais e novelas creou sobre bibliotecas, bibliotecarios ou autores. No seu pasamento recupero un de tantos fragmentos da súa obra que me teñen impresionado:

O meu avó dicía que cando alguén morre sempre debe deixar algo atrás. Un neno, un libro, un cadro, unha casa, unha parede ou un par de zapatos feitos por el mesmo. Ou un xardín, por exemplo. Algo onde deixar a túa pegada, para que a alma teña un sitio onde ir cando morras. Así, a xente mirará esa árbores ou esa flor e ti estarás alí, dicía o meu avó. Tanto ten o que fagas, dicía tamén, con tal de que cambies algo de como era ao principio e o transformes noutra cousa parecida a ti. A diferenza entre algúen que simplemente sega o céspede e un xardineiro auténtico está no toque persoal. A obra de quen sega o céspede pasará desapercibida; a do xardineiro permanecerá alí toda a vida. Fahrenheit 451

Si,Bradbury foi un xardineiro das palabras.

2 comentarios
  1. Authorhouse
    Authorhouse Dice:

    Iso é bo lugar para o tempo gastado. Eu só tropeçou no seu blog informativo e quería dicir que eu realmente gusta de ler as súas mensaxes de blog moi ben escrito. Eu serei o seu visitante frecuente, iso é certo.

    Responder
  2. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Lerei Fahrenheit 451 este verán, pois o texto é, de certo, memomorable; un servidor, ao que xa non lle falta tanto para ser avó, se os meus fillos deciden procrear, aínda se lembra con emoción do seu avó Juanito dunha forma moi parecida á do señor Bradbury, que en paz estea, na compaña, no podería ser doutro xeito, do seu avó.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Authorhouse Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *