Onte 247: #15M
As manifestacións con motivo do aniversario do #15M foron tamén en Galicia un éxito. A pesar das dificultades de consolidación do movemento global dos indignados, mantense nunha boa parte da cidadanía o seu espírito, a indignación e noxo fronte ao comportamento conformista dos partidos hexemónicos responsables das políticas de austeridade selectiva que liquidan as conquistas sociais de varias xeracións. Transcorrido un ano dende aquel 15 de maio de 2011 no que milleiros de persoas esixiron na rúa «Democracia real», a situación económica e social non fixo máis que deteriorarse. Continúa aumentando o paro e o número dos mozos e mozas que buscan fóra de Galicia o seu futuro. Privatízase o servizo público universal de sanidade por medio dos sistemas de repagamento farmacéutico. Redúcense os fondos destinados educación pública, lectura e cultura, así como os de fomento da I+D+I. E continúa sen atallarse a hemorraxia financeira provocada pola burbulla bancario-inmobiliaria, onde se nos di que residen todos os problemas. Hai razóns sobradas para que a cidadanía reclame que é posible outra política. Aí vexo a plena vixencia do #15M.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir