Onte 201: A lección andaluza

Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres non se demostre o contrario, facilita e abarata o despido. Un primeiro aviso para Rajoy que paga Arenas, un campión curtido en derrotas.  Estas eleccións foron, tamén, un aviso para PSOE que conservará a Presidencia, grazas ao rescate de Izquierda Unida, mais que deberá mudar moito o rumbo das súas políticas conformistas. Seguro que Feijoo tomou boa nota e tratará de completar a lexislatura.

2 comentarios
  1. xos
    xos Dice:

    Se Feijóo agota a lexislatura, será un peñazo, pero penso que lle dará tempo a nova alternativa nacionalista para facerse visible. Outubro está demasiado cerca. E mesmo ao BNG a recuperarse do susto e ao PsdG a aclararse.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] expresar de forma pacífica o seu desacordo con esta reforma laboral que abarata o despido. Tras o fracaso do domingo e co éxito indiscutible das portestas de onte, o PP debe asumir que existe un sector da sociedade, […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Brétemas » Onte 204: Folga Xeral Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *