Onte 201: A lección andaluza
Os resultados das andaluzas supoñen o primeiro fracaso electoral do goberno Rajoy. Un baño de realidade para os que as consideraron un mero trámite. Pois non, Andalucía resistíuse. A propaganda non abondou para avalar as «reformas» fiscais de Montoro nin as políticas de austeridade selectiva de Guindos nin a reforma laboral de Báñez que, mentres non se demostre o contrario, facilita e abarata o despido. Un primeiro aviso para Rajoy que paga Arenas, un campión curtido en derrotas. Estas eleccións foron, tamén, un aviso para PSOE que conservará a Presidencia, grazas ao rescate de Izquierda Unida, mais que deberá mudar moito o rumbo das súas políticas conformistas. Seguro que Feijoo tomou boa nota e tratará de completar a lexislatura.
Se Feijóo agota a lexislatura, será un peñazo, pero penso que lle dará tempo a nova alternativa nacionalista para facerse visible. Outubro está demasiado cerca. E mesmo ao BNG a recuperarse do susto e ao PsdG a aclararse.