Onte 188: Os fillos do mar
Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega. Tras o seu magnífico estudo sobre o xornal Galicia de Valentín Paz Andrade e Viva o Fu Remol!, o escritor e músico de Los Feliz e Lamatumbá ofrece unha novela trepidante sobre as pegadas da memoria na cidade de Vigo. Máis de catro centas páxinas dunha historia de intriga, escritas con grande elegancia e unha preciosa ambientación viguesa (nalgúns treitos chegou a emocionarme), nas que a historia dunha familia que procura atopar a súa identidade contribúe a facelo coa comunidade (un chisco desmemoriada) á que pertence. Os fillos do mar, finalista do premio Xerais de novela 2011, reivindica a volta da narración e o entretemento aos andeis das novidades da literatura galega. Un texto ben escrito, unha novela armada con solidez, un tema relevante, unha ambientación e documentación magníficas. Agardo que axude a incrementar o número de lectores e lectoras en galego nestes tempos de crise. Recoméndoa moi vivamente.
Trackbacks y pingbacks
[…] Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a presentación e o espírito do libro Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora […]
[…] Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a lectura de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, unha novela que estará nas librerías a partir da […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir