Onte 1820: Liberdade de expresión
Indignoume que Facebook censurase esta fotografía publicada con motivo do Día do Holocausto ao que nos referiamos onte. Trátase dunha foto histórica estremecedora, moi coñecida e difundida na rede, tomada por un vixiante nazi do campo de Mauthausen a prisioneiros soviéticos. Unha censura xustificada por Facebook polo feito de que esta rede social ten restrinxida a publicación de fotografías de persoas espidas, mais que para María Torres, a creadora do blog Búscame en el ciclo de la vida, e da páxina de Facebook homónina, ten todas as trazas de ter unha motivación ideolóxica. Por incrible que poida parecer, nos tempos da disrupción dixital e da emerxencia da nova dereita, defender a liberdade de expresión e os dereitos humanos en Facebook, como no resto de espazos de Internet, constitúe un principio esencial para todas as persoas que os utilizamos. Esta foto de Mauthausen expresa con toda a crueza a desolación destes homes sometidos polo nazis ás violencias extremas da fame, os traballos forzados e o roubo da súa dignidade. Non debemos agochala.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir