Onte 17: «A árbore da vida»

As máis de dúas horas de The tree of life fóronse nun plis plas. Xa lera cousas suxestivas sobre a película de Terrence Malick, que prometían o mellor. Agardaba atopar a beleza dun poema visual. Sabía que asistiría a deconstrución dun relato familiar da América profunda, unha historia iniciática, que explora as claves dunha ruptura. Estaba disposto a enfrontarme a unha película densa, complexa, sen concesións emotivas. E abofé que o film superou todas estas expectativas. Primeiro,  pola súa beleza desbordada, tanto por unha fasquía visual e sonora que rende ao espectador, como pola súa magnífica interpretación dramática (Brad Pitt, Jessica Chastain e mociño protagonista, Hunter McCracken, están a grande nivel). Segundo, pola forma de abordar en paralelo senllas indagacións sobre a orixe da vida. Unha, en clave micro, utilizando a ollada dramática, a da formación do carácter no seo da familia, esa estrutura emotiva solidificada no intercambio coas figuras paterna e materna, sometida, ademais, a confrontación cos irmáns. Outra, en clave macro, utilizando a ollada documental, a da orixe do universo e o desenvolvemento do planeta, dramatizada visualmente na pantalla, dende o estourido inicial á formación dos planeta, pasando por cando foi ocupado polos dinosauros en territorios vizosos até o que será o seu inevitable devalo final. Unha e outra indagación, unha e outra olladas de xénero, conforman a árbore da vida, unha narración circular, que remata coa mesma luz tenue coa que se inicia, quizais para expresar o seu carácter expiatorio («Onde estabas ti cando eu fundaba a Terra?», Libro de Xob). Máis alá do goce visual e do moito xogo interpretativo que ofrece o film de Malick, é estupendo poder reconciliarse nas salas actuais co CINE. Non deixa de ser unha brincadeira que na sala da Praza Elíptica, a proxección desta película marabillosa de Malick fose precedida pola do trailer da tamén norteamericana El arte de pasar de todo. Unha proba máis do valor dunha película que racha para o público actual os límites tan estreitos do cine de fin de semana.

6 comentarios
  1. pilar
    pilar Dice:

    Penso que os mensaxes podense ofrecer con outro ritmo menos morno, mais levadeira para o público en xeral non afeito a filosofía.
    Recordei os exercicios espirituais da miña adolescencia. A relixión católica estaba preñada de medos e castigos.
    O entorno e moi idílico pero a realidade dura: coma deus. Prefiro a Natureza, polo menos non me engana.

    Responder
  2. caralladas
    caralladas Dice:

    300.000 espectadores enganados por unha crítica condescendente, Pawley & Bragado incluídos. Señor Bragado, noutras cousas direille amén, pero en canto a recomendacións cinéfilas, coidareime de non volver facerlle caso… Pretenciosa, absolutamente pretenciosa. Lenta, insufriblemente lenta. Exasperante. Un váter nun museo de arte contemporánea será unha exquisita obra de arte para os críticos máis entendidos, pero o resto dos mortais seguiremos a ver un lugar onde sentarse e facer o de sempre. Con Malick pasa o mesmo. Só que con The thin red line e The tree of life xa tiven máis que suficiente. Non volvo perder o tempo con este home.

    p.d.: 5 montadores necesitou o gicho. E Sean Penn cun rebote de mil pares. Non me extraña.

    Responder
  3. duvet covers
    duvet covers Dice:

    This is the perfect blog if you want to be informed on this topic. It’s full of truly information. Your internet site is handy. I admire the valuable advice you earn easily obtainable in your expertly subject matter. I wish to i appreciate you for this informative read; I must say i appreciate sharing this brilliant.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] información: A árbore da vida, artigo de Martin Pawley para o desaparecido Xornal de Galicia; Onte 17: A árbore da vida, anotación de Manuel Bragado sobre o filme. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a ihms Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *