Onte 1690: Deleite Galego
Entre as últimas boas novas que se produciron no país, unha moi destacada foi o regreso aos supermercados da marca Deleite Galego da man da sociedade Leite Noso formada por trinta gandeiros das provincias da Coruña e Lugo. O feito de que sexan os propios produtores os que asumen a comercialización e, no futuro próximo, a transformación nunha gamma de produtos de valor engadido, constitúe un reto ilusionante para o sector lácteo, ao que non debe ser alleo o comportamento corresponsable dos consumidores galegos. A sociedade Leite Noso, ademais, garante o que reclaman o resto dos produtores: contratos de longa duración, recollida da totalidade do leite e prezos razoables para cubrir custes de produción. Xaora, a calidade do produto está asegurada, a lingua galega é utilizada como vehicular e publicitaria, e a empresa expresa a súa dispoñibilidade para colaborar co sector da cultura. Argumentos para abeizoar e consumir este Deleite.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir