Onte 1656: Galicia cen
Levo días interesado en “Galicia cen”, o proxecto divulgativo do Consello da Cultura Galega preparado para contar a nosa cultura a partir de 100 obxectos, outras tantas iconas ou fetiches vinculadas a momentos da nosa historia. Un proxecto expositivo, editorial e multimedia inserido na tradición divulgadora anglosaxona concibido para desenvolver a autoestima e o coñecemento do país. Polo que Manuel Gago, comisario do proxecto, ten desvelado #Galicia100 promete ser espectacular. Para abrir boca, antes da inauguración do de 10 de maio, aí temos a peza de animación sobre o Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade. Un recurso didáctico cen.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir