Onte 1649: O orgullo de Sergio Álvarez
Escoitar a Sergio Álvarez, o gardarredes do Celta, expresar no programa En xogo o seu orgullo de falar galego é unha beizón. Sergio faino con absoluta naturalidade, sabendo que non é algo extraordinario, asumindo a lingua galega apenas como o seu vehiculo de comunicación cotián, desfacendo asi tantos prexuízos pailáns sobre o uso do noso idioma pola mocidade. No seu día xa abeizoamos ao «Gato de Catoira» polas súas preferencias lectoras nas que situou nada máis e nada menos que Resistencia de Rosa Aneiros como un dos seus libros preferidos. Sergio Álvarez merece os nosos parabéns pola súa actitude e coidado no uso e defensa da lingua galega.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir