Onte 1618: «Borgen»
Somos dos moitos que caímos nos enredos de Borgen, a serie dinamarquesa de culto que relata os problemas políticos e familiares dunha primeira ministra. Borgen é moi diferente a House of cards, onde aparece esa reviravolta maligna do poder, quizais porque a serie da televisión pública dinamarquesa pretende só desvelar de forma realista as interioridades do seu exercicio, dende as traizóns e amaños da clase política e dos medios de comunicación a ela asociados, até as fraquezas e emocións dos seus protagonistas. Xaora, nos primeiros capítulos, que relatan o proceso de formación dun goberno de coalición, presidido pola líder do partido centrista, que non pertence a ningunha das dúas forzas maioritarias, é doado facer analoxía co que está sucedendo en España. Borgen amosa que a política dinamarquesa non é moi distinta á nosa, xa que ambas comparten a materia prima, que non é outra que o exercicio do poder. De aí a vixencia de Maquiavelo. Recomendo Borgen.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir