Onte 160: Caballero na división española
Preguntado Abel Caballero sobre o papel do PSOE vigués no próximo congreso do PSdeG-PSOE do 9 de marzo confesou que el «quere xogar na división española». En menos palabras pode expresarse a visión inequivocamente xacobina de quen cre sentirse politicamente máis importante xogando no terreo do chamado «socialismo español», minusvalorando de forma prepotente a organización galega do seu partido e, polo tanto, a autonomía e autogobenro galego. Esta involución xacobina percíbese tamén na actuación do seu equipo de goberno municipal que abandonou, con algunhas honrosas excepcións, a utilización sequera ritual da lingua galega e o apoio do concello a proxectos culturais en clave galega como o Museo Liste ou o arquivo Pacheco. De continuar por ese camiño errado, Caballero podería chegar a ter problemas moi serios para a súa continuidade na alcaldía.
Xa sei que vostede como vigués bo e xeneroso non vai concordar comigo. Mais coido que esa actitude de Caballero coincide coa tomada pola maioría dos habitantes de Vigo. Ou polo menos esa é a miña experiencia como homiño de aldea que leva mais de dous anos vivindo alí
Queres decir que todos os habitantes de Vigo se manteñen en contra á autonomía? Que todos os vigueses se interpoñen á normalización da lingua (que por certo está en contra da lei)? Sinceramente, creo que está xeralizando a unha parte nin sequera totalitaria, xa que eu teño amigos vigueses castelán falantes que defenden a normalización da lingua e a independencia do pobo.
nice blog…..