Onte 1587: Mensaxe nunha botella
Unha rapaza e dous rapaces de quinto do CEIP de Lourido, Poio, atoparon na praia unha mensaxe dentro dunha botella. Coma se dunha das historias de Agustín Fernández Paz se tratase, despois de escachar o vidro leron un texto datado en xuño de 1958 e localizado a 150 millas de Cabo San Vicente, enviado por algúen, identificado coas iniciais D.R.G., que partiu do porto de Cádiz cara a Panamá. Unha mensaxe conservada nunha botella que aboiou durante 57 anos no océano. Unha noticia fermosa, estimulante, semellante á que daba comezo Os fillos do capitán Grant de Jules Verne, que coñecemos o día que celebramos a chegada do Nautilus a Vigo. D.R.G é unha tripulante, unha emigrante? Estará viva? E onde? Quen se anima a introducir un argumento?
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir