Onte 1569: Tempo de Entroido

mojinosescCun cocido de fraternidade e coas primeiras orellas abrimos esta fin de semana o tempo de Entroido. Foron sempre estes días de fartura, no caso noso, só larpeiros, tempo da miña preferencia, sobre todo cando traballaba na escola, xa que é cando mellor podiamos explorar os límites do xogo e teatralizar a actividade educativa. No entanto, non quedei feliz cando onte lin no Faro que serán os membros de Mojinos Escozíos os que leran o pregón, collendo a testemuña de Mario Vaquerizo que o fixo o pasado ano. Nada teño en contra destes veteranos e irreverentes rocanroleiros; mais non os vexo axeitados para abrir o noso carnaval.

O Entroido é transgresión, é exceso, é crítica feroz, mais moi pouco ten que ver con este esperpento que se nos propón. Quen vai recoñecer a «El Sevilla» no palco da Porta do Sol? Que saben os membros do grupo de Mollet sobre a nosa tradición carnavaleira? Non hai outras figuras populares de noso a quen convidar? Mágoa que volva a repetirse a desorientación da dirección da política cultural actual do concello de Vigo, incapaz de entender e valorar a tradición do noso Entroido popular de merdeiros e mascaritas.

1 comentario
  1. pepe
    pepe Dice:

    Como non podía ser doutro xeito, seguimos sendo punta de lanza do esquencendo, exiliando e rexeitando o programa municipal 2008, asentado na participación da cidadanía, recuperación do acervo tradicional (Merdeiros, sortella, Comitiva Rexia do Deus Momo, música, gastronomía, Barrio Histórico, Praza de Compostela…) e voltamos ao mimetismo dun Carnaval doente, conformista e reverente, dirixido técnicamente e cos parabens das entidades colaboradoras sometidas ás subvencións.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *