Onte 1549: Agasallos
Nestes días andamos todos ás voltas cos agasallos de Reis, eses instantes de ilusión que tras os excesos do Nadal nos devolven á rotina e todos os seus problemas. Onte Vigo era un irevir onde resultaba moi difícil moverse, mesmo en Librouro, a nosa libraría de cabeceira, onde estivemos fedellando un bo anaco. Xaora, para as persoas que non estean dispostas a incomodidade das aglomeraicóns comerciais deste días, utilizar o web de Agasallo.eu pode ser unha magnífica solución. Alí poden atoparse agasallos de moi diversos tipos e procedencias, de distintos prezos, todos ben xeitosos e por riba en galego. A pesar desta febre dos agasallos, está na nosa man atallala utilizando os criterios de consumo responsable e solidario.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir