Onte 1489: Tucazo de Samaín
Coma sucedera en Vila Real, o Celta onte non se conformou coa igualada e marcou en Donostia o gol decisivo cando apenas faltaban dous minutos para o remate. O «Tucu» Hernández marcou un gol soñado, dende trinta metros enganchou un pexegazo tremendo que entrou pola escuadara. Un tucazo de primeira categoría, coma aqueloutra fantasía de tacón, na súa estrea como goleiro co Celta, que marcou o pasado ano ao Atlético de Madrid. Con este novo gol memorable, Pablo Hernández, a única aposta de Berizzo, demostrou que é un xogador moi valioso e de alta escola, a pesar de que o seu ritmo demorado e paciente de condución non entusiasme a un sector (cada vez máis reducido) da bancada do Fragoso. En Anoeta o Celta demostrou que esta tempada quere e pode. Nesta primeir anoite de Samaín, sen facer un gran partido, mesmo a pesar da frouxa actuación dun reincorporado Fontás, que facilitou a noite goleira de Agirretxu, os de Berizzo contaron coa axuda das meigas que iluminaron a Iago Aspas con dúas cabaciñas. Un factor extradeportivo co que a partir de agora haberá que contar. Xaora, tras estoutra vitoria o Celta acada 21 puntos, a metade dos eu obxectivo, cando apenas transcorreu a primeira cuarta parte da tempada. Gozar e non pechar os ollos con este xogo eficaz de salón.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir